Monday 16 de September de 2024

Ribeira clausura un exitoso curso de verán da Universidade de Santiago


Onte, día 10 de xullo, celebrouse o acto de clausura do curso da Universidade de Verán da USC “O galego no século XXI. Desafíos e fronteiras” no museo de gravado de Artes.
O acto que contou co alumnado, o director do curso, membro da RAG o académico e catedrático da USC, Xosé Luís Regueira, profesorado, filólogos e investigadores.
O alcalde, Luís Pérez participou do acto de clausura onde Xoán Pastor, director do museo, fixo de anfitrión ensinando en primicia a exposición: “Os Homes por Castelao” de Roberto Taboada máis outra exposición titulada: “Os traballos de Hércules”.
O académico Xosé Luís Regueira indicou que “estamos encantados de facer estes cursos en Ribeira onde houbo alumnado moi diverso en canto a franxas de idade e a dispersión xeográfica do Barbanza” engadiu que xerar reflexión e “non só tratar os problemas en abstracto senón radicalos no contexto social, cultural, xeografico de Ribeira”.
Luís Pérez agradeceu á USC e ao profesorado implicación para que Ribeira inclúa un curso de verán de ligua galega. “Ademais dos cursos senior para maiores estamos traballando para ampliar a oferta académica no noso Concello que forme parte da rede de poblacións académicas da USC”. Ribeira aspira a contar contar con máis cursos e cooperación coa universidade nun afán descentralizador para que a formación amplie o seu radio de acción.
Barral indicou que este curso, alén de xerar debates e reflexións, permitiu que preto dun cento de persoas estiveran durante varios días consumindo nos negocios da localidade e coñecendo o espazos emblemáticos do municipio como é o caso de Sálvora, lonxa, centro urbano ou o museo do Gravado.